Biblioteca Pública de Santiago de Compostela Ánxel Casal
Av. de Xoán XXIII, s/n - Santiago de Compostela Ver web
Roteiro a cargo de Manuel Gago
A partir do século XVI, a nova fidalguía galega comezou a construírse un pasado que ennobrecese as súas orixes. Botando man da mitoloxía clásica, dos cronicóns de historia, das lendas populares galegas e algunha contada vez de feitos verdadeiros, a nobreza galega labrou nos seus escudos símbolos e escenas que hoxe nos resultan opacos pero que resumían, de xeito visual, as aventuras e sucesos dos fundadores da súa estirpe. Deste xeito, as casas aristocráticas de Santiago de Compostela narran, nas súas fachadas, escenas dunha mitoloxía fragmentaria que hai trescentos anos moitos veciños da cidade podían comprender, discutir e contar os uns aos outros e que hoxe resultan opacas e invisibles. É unha das mitoloxías agachadas de Galicia.
Para 25 persoas de 14 a 99 anos. As persoas interesadas poden retirar o convite no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.
Av. de Xoán XXIII, s/n - Santiago de Compostela Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar