Biblioteca Pública de Santiago de Compostela Ánxel Casal
Av. de Xoán XXIII, s/n - Santiago de Compostela Ver web
Polos camiños da terra van quen queren chegar lonxe, de vagar, atopando atrancos, e persoas descoñecidas, e aventuras fantásticas ou pequenas peripecias, perigos, sorpresas.
Polos camiños do aire van quen adiviñaron como voar, coa axuda de paxaros ou alfombras, de vasoiras ou de rachas de vento.
Polos camiños do mar van quen esperan atopar illas misteriosas, música feita por ondas e sereas, baleas brancas, luras xigantes, tesouros que poden non ser de ouro nin de prata senón de corais e criaturas das profundidades.
E os contos viaxan, de boca en boca, pola terra, polo mar e, sobre todo, polo aire.
No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
Av. de Xoán XXIII, s/n - Santiago de Compostela Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar