12:00
Hotel Paraíso

Hotel Paraíso

Imaxina un lugar no que cada habitación garda un sentimento, cada corredor conta unha historia e cada parede asubía un segredo.

Este espectáculo de narración oral levarache a percorrer as habitacións da alegría, do medo, do amor, da ira ou da esperanza.

Ven hospedarte ao Hotel Paraíso onde cada palabra é unha chave e cada emoción unha porta por abrir!

Dirixido a nenas e nenos de 4 a 8 anos.

No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=151811
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android