20:30
RFG · A FAMILIA SCHUMANN

RFG · A FAMILIA SCHUMANN

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 

Baldur Brönnimann, director

Coa participación do alumnado da EAEM

PROGRAMA

Cometa: Encarga a Leticia Goás. Estrea absoluta

Gabriela Ortiz: Clara. Estrea en España

Robert Schumann: Sinfonía núm. 3 en Mi bemol maior, Op. 97 “Renana”

Leticia Goás introduce unha das compositoras máis relevantes de América, Gabriela Ortiz, quen reivindica a mestizaxe como ponte entre a alta cultura e a cultura popular, unindo a tradición europea coa mexicana. Clara é unha obra en cinco movementos que homenaxea a Clara Schumann, evocando momentos da súa intensa relación con Robert Schumann. Cinco movementos ten tamén a Sinfonía núm. 3, que pecha o programa, así como cinco tiña a sinfonía Pastoral do seu admirado Beethoven. Schumann compuxo a partitura en 1850, evocando a viaxe que realizaron o matrimonio e os seus sete fillos pola Renania, acompañándoo no seu novo cargo como mestre de capela en Düsseldorf. Todos os estados de ánimo polos que transitou nese período están presentes nesta partitura (titulada Renana polo seu poderoso editor Simrock), na que o cuarto movemento constitúe o momento de maior exaltación romántica.

Ás 19.45 h, Conversando con... Baldur Brönnimann na Sala Mozart.

Fuente: https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/rfg-%C2%B7-familia-schumann
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android