20:30
RFG · A CLÁSICA HISTORIA

RFG · A CLÁSICA HISTORIA

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 

Amandine Beyer, directora

Diego Ares, clavecín

PROGRAMA

Carl Philipp Emanuel Bach: Sinfonía en Mi menor H. 652 (W. 177)

Franz Josep Haydn: Concerto para clavecín en Re maior

Franz Josep Haydn: Concerto para violín e clave Hob. XVIII: 6, en Fa maior

Luigi Boccherini: Sinfonía en Do menor, Op. 41, G. 519

Alumno avantaxado do seu pai, Carl Philipp Emanuel Bach afástase do estilo do vello perruca, así chamado polo menor dos fillos, Johann Christian. Esa distancia reflíctese na modernidade da Sinfonía en Mi menor, unha obra que explora un novo universo emocional, do que será mestre Joseph Haydn. Os seus concertos, eclipsados polo peso das sinfonías, sorprenden pola súa brillantez, como o Concerto para clave en Re maior, un hit desde a súa publicación, ou o Concerto dobre para violín e clave en Fa maior, de gran dificultade técnica, ocasión excepcional para gozar da mestría da artista en residencia, Amandine Beyer. Pecha o programa a Sinfonía en Do menor de Luigi Boccherini, quen, tras pasar por París, se instalou en Madrid, onde morreu en 1805 logo dunha vida agridoce na Corte. Esta sinfonía é un bo exemplo das novidades expresivas do novo estilo clásico.

Ás 19.45 h, Conversando con... Amandine Beyer e Diego Ares na Sala Mozart.

Fuente: https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/rfg-%C2%B7-cl%C3%A1sica-historia
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android