🎶 Cantareiras e cantareiros, vémonos nas tabernas? 😃😃😃 ✍️ Se queres participar, info e condicións apúntate enviando un correo ao enderezo que aparece no cartel! 🖼️ Este ano, o cartel é máis ca un simple anuncio: Diego Pena @d____pena , o noso creador habitual, dedicao a Xosé Vizoso, referente da gráfica galega que nos deixou recentemente. Vizoso, da man de artistas coma Díaz Pardo ou Luis Seoane, fixo do deseño galego un símbolo de identidade e modernidade, transformando a tradición en vangarda. 💼 A tradición gráfica tamén é memoria colectiva, igual ca a nosa música e a oralidade. Cómpre defendela! 🔠 A tipografía é Abisinia, de Rubén Prol @rubenprol , reinventa o clásico galego e dálle vida nova ao noso patrimonio visual, conservando o carácter identitario. 🤩 Se queres formar parte, escribe a: xermoloscantes@yahoo.es #xermolos #FestivaldePardiñas #Pardiñas25 #XLVIPardiñas @xermolos #FeiraeFestadaMúsicaedaArte
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar