A Roda é un conxunto representativo da música popular galega, a música dos nosos cancioneiros, unha música que forma parte do imaxinario galego e do noso patrimonio inmaterial. O concerto do grupo A Roda, pretende promocionar o coñecemento “vivo” da canción popular galega así como fomentar o uso da lingua e a súa dinamización. O espectáculo é integro en galego.
O contido do concerto céntrase en dar a coñecer, mediante un repertorio variado de temas tradicionais os diferentes xéneros que conforman a música galega, é dicir o repertorio da tradición oral. Os diferentes xéneros musicais: muiñeira ou pandeirada, foliada, alalá, valse, pasodobre... están representados nos diferentes temas que interpreta A Roda en directo.
Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=149829
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar