00:00
DOCUMENTAL | O Vello Pancho, de Ribadeo ao Plata” de Xan Leira

DOCUMENTAL | O Vello Pancho, de Ribadeo ao Plata” de Xan Leira

O  Museo Provincial do Mar de San Cibrao
acolle o vindeiro xoves -10 de xuño- a proxección do documental “O
Vello Pancho, de Ribadeo ao Plata” de Xan Leira, unha
produción financiada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo que
afonda na historia da emigración galega ao Río da Plata  a partir da
figura do ribadense José Alonso y Trelles, coñecido como O Vello Pancho.

O acto contará coa participación do director do documental e de Pablo
Rodríguez "Vivín", escritor, investigador e historiador local de Ribadeo
e depositario do arquivo familiar de Alonso y Trelles, que  guiará ao
público a través desta apaixonante viaxe histórica.

A deputada de Cultura Iria Castro convidou a asistir a proxección do
documental e ao coloquio, que contribúen ao coñecemento e á divulgación
da historia da comarca e do país a partir da pegada da emigración cara a
America.

Unha historia de emigración e legado cultural
O documental, que se estreou o pasado setembro en Ribadeo coindindo co
centenario do pasamento do Vello Pancho, explora a masiva emigración
galega ao Río da Plata, especialmente dende a comarca da Mariña e
Ribadeo, durante a segunda metade do século XIX.

A través do arquivo familiar de Alonso y Trelles, coñecido como "O Vello
Pancho", descuberto polo propio Pablo Rodríguez "Vivín", a película
afonda na vida e obra deste destacado escritor e político, con achegas
de persoas investigadoras deste etapa histórica  como Pilar Cagiao,
Martín Fernández Vizoso, Manuel Suárez, José Mª Monterroso Devesa, así
como de Toni de Seares e Ana Lorenzo,   últimos responsables do programa
de radio Sempre en Galicia, de Montevideo e integrantes do Patronato da
Cultura Galega.

A obra poética de Alonso y Trelles e a súa influencia na música
A narrativa do documental analiza a obra poética de Alonso y Trelles,
destacando os seus temas
principais: a natureza, o gaucho e a vida rural uruguaia. A súa
influencia chegou ata o mundo da
música, con figuras como Carlos Gardel e Alfredo Zitarrosa, quen puxeron
voz a varios dos seus
poemas. Gardel interpretou pezas como "¡Hopa, hopa, hopa!", "Insomnio"
ou "Misterio", mentres que Zitarrosa converteu "De la Lucha" nun himno
reivindicativo.

O legado de "O Vello Pancho" na actualidade
O coloquio posterior á proxección abordará o significado actual da obra
de Alonso y Trelles e a súa contribución ao patrimonio cultural e
histórico da provincia de Lugo. A súa traxectoria serve como ponte entre
Galicia e Uruguay, recordando o papel fundamental dos emigrantes galegos
na
construción material e inmaterial destes países.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android