00:00 hasta las 00:00
EmbarcARTE: costeira de arte

EmbarcARTE: costeira de arte

EmbarcARTE: costeira de arte
Obradoiros creativos con Martín Lestao

🌊 Embarcámonos nun mundo mariño cheo de arte! Un universo máxico e misterioso, con infinitos recursos para a nosa imaxinación… e tamén para a vida.

Neste campamento creativo, exploraremos os océanos a través da linguaxe da arte. O obxectivo? Aprender a coidar, valorar e querer o noso mar, reivindicando un océano sostible, limpo e saudable para todxs.

🧒👧 PARA QUEN?
Nenas e nenos de 6 a 12 anos

Duración de cada sesión: 90 minutos

Lugar: Museo Provincial do Mar de San Cibrao

Horario: de 11:30 a 13:00 h

Prazas limitadas: 10 por sesión

📅 Datas e obradoiros

1. Imos ver! Que hai no fondo do mar?
🗓 24 de maio
🎨 Crearemos un ollo de boi mariño a partir de cartóns, papeis reciclados, adhesivos e pintura. Que criaturas veremos no noso fondo mariño imaxinario?

2. Mar de Ardora
🗓 7 de xuño
💡 Construiremos un frasco máxico co noso pequeno mar de ardora, xogando coa luz e a luminiscencia como fan as algas no océano.

3. Tece, tece
🗓 21 de xuño
🧵 Con materiais reciclados faremos unha bolsiña ao estilo dos redeir@s. Serviranos para recoller lixo da praia e convertelo en arte.

+INFO 
https://comunidadermpl.gal/embarcarte-costeira-de-arte/
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android