01:00
CURTOCIRCUITO 2025 · DJ SET ·BOLD G · 2AM RUSS

CURTOCIRCUITO 2025 · DJ SET ·BOLD G · 2AM RUSS

CURTOCIRCUITO 2025· LIVE AV · DJ SET ·

BOLD G ·2AM RUSS

Bold G‍

Bold G, é unha DJ apaixonada e versátil, actualmente afincada en Santiago de Compostela (Galicia, España), que comezou a súa traxectoria musical en 2017 en dúo co seu irmán baixo o nome de More Amore. Desde entón, percorreu as salas e festas máis icónicas de Galicia, tanto co seu proxecto persoal como conxunto, contaxiando a súa enerxía en cada set. En 2019, dan un paso máis na súa carreira ao cofundar Tr3mor, festa que, cunha visión inclusiva e unha proposta musical sen fronteiras, deixou pegada por toda Galicia converténdose nun referente da escena galega. Cun oído afinado desde pequena para unha ampla variedade de tipos de música, o seu estilo caracterízase por facer unha mestura ecléctica que abarca desde o pop de sempre ata sons de nicho, cun enfoque especial na electrónica a través das súas múltiples variantes. Sendo imposible cualificala nun son concreto, vive a súa carreira musical como unha continua evolución.

Russ

Russ é o nome artístico da artista sonora galega Marta Gilino. Dende os seus inicios, participou en numerosos festivais e programacións consolidando unha traxectoria que a levou a desenvolver un estilo propio e recoñecible. A súa proposta actual mergúllase nun son neoelectro que mestura influencias do IDM, bass music, pop e ambient, sempre cunha atención especial á ritmicidade e á carga emotiva da música.

Como parte dunha nova xeración de artistas galegas que buscan romper cos convencionalismos estéticos na creación sonora e desafiar os estereotipos de xénero, Russ ten unha implicación activa na escena musical e cultural, colaborando con proxectos queer e iniciativas locais.

Desde a publicación do seu primeiro EP, ZZEN (2022), colaborou con artistas e selos como Rawa Club, Megane Mercury, Pablo Rumbler, Artur M Puga, Mondra ou Carabela.

AVISO! Ten en conta que este DJSET acontece na noite do venres 4 ao sábado 5 de xullo, pero como arranca pasada a medianoite figura programado neste calendario o 5 de xullo.

Fuente: https://www.compostelacultura.gal/content/bold-g-russ-dj-set
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android