00:00 hasta las 00:00
Museo virtual da Migración

Museo virtual da Migración

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
Un museo virtual para escoitar, comprender e transformar a mirada sobre a migración.

Un museo colectivo

O núcleo central do museo é a súa colección de voces. Unha chea de achegas sonoras que, a través de experiencias persoais, trazan unha cartografía emocional da migración. Testemuñas que falan de perdas, aprendizaxes e esperanza e que está aberta á participación de calquera persoa que desexe formar parte.

Tamén conta cunha liña de investigación, a través da que se recompila os traballos que a RMPL ven desenvolvendo ao longo do tempo neste ámbito; unha liña educativa, servindo como caixa de ferramentas a través da que atopar recursos para traballar temas como a memoria, a diversidade e o antirracismo; e unha liña de actividades que servirá para  visibilizar os proxectos, procesos e accións —presenciais e dixitais— que a RMPL impulsa ou acompaña, e que contribúen a facer medrar este museo vivo.

Tamén es un lugar para visibilizar artivistas, educadoras e iniciativas inspiradoras.


Ligazón https://museomigracion.gal/
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android