🎓 Queres ser guía-intérprete oficial do Xeoparque Cabo Ortegal? Xa está aberto o prazo para inscribirte no Curso Oficial de Guía-Intérprete, unha formación única para coñecer e interpretar este territorio xeolóxico recoñecido pola UNESCO. 🗓 Datas: do 6 de outubro ao 3 de decembro de 2025 🕘 Dúas edicións: mañá ou tarde 💻 Modalidade mixta: contidos en Moodle, sesións por Zoom e clases presenciais 🌍 5 prácticas de campo (6 h cada unha) en puntos clave do Xeoparque 📜 Certificado oficial: 120 horas 🔍 Que aprenderás? ▪️Xeoturismo e ecoturismo no marco UNESCO ▪️Patrimonio xeolóxico, natural e cultural do Xeoparque ▪️Técnicas de guiado: comunicación, storytelling e xestión de grupos ▪️Seguridade e accesibilidade nas rutas ▪️Emprendemento e comercialización de servizos de guiado 👥 Prazas limitadas: 20 por edición 📌 Criterios de admisión: vínculo co territorio, experiencia, formación, idiomas e motivación ⚠️ O curso poderá suspenderse se hai menos de 11 solicitudes válidas por edición ➡ Bases: https://i.gal/m1HLM 📥 Inscricións: https://i.gal/MEsjy 🇪🇺 Financiado polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Unión Europea Next Generation (PRTR).
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar