00:00 hasta las 00:00
SAN FROILÁN 2025
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
SAN FROILÁN 2025 +INFO https://sanfroilan.info/ CONCERTOS 2025 Dakidarría, Queralt Lahoz, Cristina Branco, Irmaus da Raia Seca, Germán Díaz, El Nido, SonDeSeu, Uxía, Nogen, Anxo Araujo, El Pony Pisador, Abril, De Ninghures, Mocho Gris, Loita Amada, Festikultores e Duendeneta súmanse aos nomes xa confirmados de Tanxugueiras, Xoel López, Lia Kali, Consorcio, Guadi Galego, Biznaga, Bala, Vera Fauna, Patáx ou Lucía Pérez. SOBRE A FESTA As multitudinarias festas do San Froilán son as máis fermosas do outono galego, dixo Álvaro Cunqueiro no seu tempo. E non esaxeraba: en realidade, hoxe pódese dicir que son as máis fermosas de todas as estacións en Galicia. O cinco de outubro San Froilán, o amigo dos lobos, é o pretexto para uns festexos nos que Lugo, sempre cidade aberta, é máis aberta ca nunca. Milleiros e milleiros de persoas acoden á vella cidade, non só dos arredores, non só de toda Galicia, senón de fóra dela, e moi especialmente de Asturias e León. O Domingo das Mozas, o seguinte ao día do Patrón, é un verdadeiro río de xente, que sempre parece que non cabe e sempre acaba cabendo. E ademais as festas do San Froilán son unha das mellores ocasións para coñecer o Lugo monumental, concentrado no centro histórico, que do 4 ao 12 de outubro, vestido de festa, adquire un esplendor especial, tinguido coa luz e coas cores do outono. __________ O cartaz é de I. Mouronte B. (https://linktr.ee/imouronte) que destacou que a súa obra conta con algúns dos protagonistas das festas literalmente enriba do escenario, mentres que os outros protagonistas somos os que desfrutamos delas: músicos, polbo, churros, artesanía ou atraccións forman xa parte da tradición, pero hai tamén unha certa mirada que vai máis aló, posta no futuro. Outono e á tardiña, nesa hora máxica que permite desfrutar das festas á luz do día e á luz da noite, ás luces da noite. Ás moitas luces que lle dan vida ó San Froilán: as colocadas pola cidade, as das barracas e atraccións mailas dos concertos. E música, o San Froilán tamén é moita música. Moitas músicas, tradicionais e contemporáneas.



