10:30
OBRADOIRO DE CONSTRUCIÓN DE PANDEIRETAS

OBRADOIRO DE CONSTRUCIÓN DE PANDEIRETAS

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano á poesía popular oral, personificado nas cantareiras, o Museo das Peregrinacións e de Santiago festexa esta xornada coa realización dun obradoiro de creación de pandeireta. 

Impartido por dous experimentados artesáns, de Regos Pandeiretas (Ordes), terá unha duración aproximada de tres horas e os participantes sairán del cunha pandeireta de elaboración propia.

Soportais do Museo (Praza das Praterías)
Público recomendado +14
*Inscrición previa
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android