10:00 hasta las 20:00
MANUEL DÁVILA: A PEGADA DO OFICIO NA VIDA

MANUEL DÁVILA: A PEGADA DO OFICIO NA VIDA

O traballo de Manuel Dávila García (Santiago de Compostela, 1934) conta unha historia persoal, cicelada a través da ourivaría. A súa formación, as relacións laborais e o espazo do obradoiro constrúen unha intimidade arxéntea, un relato de vida inscrito no marco dunha cidade en construción, que analiza o oficio como forma de identidade individual e colectiva.

A mostra está comisariada por Adela Dávila e producida pola Asociación de Ourives de Compostela. Conta coa colaboración do Museo das Peregrinacións e de Santiago e a cesión do uso da sala de exposicións temporais.

Acceso libre e gratuíto ás salas no horario de apertura do museo.

1º andar. Sede expositiva do Museo das Peregrinacións e de Santiago, Praza das Praterías.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android