18:00
CONCERTO | 'Percorrendo Castelao' de Lucus Ensemble

CONCERTO | "Percorrendo Castelao" de Lucus Ensemble

CONCERTO | "Percorrendo Castelao" de Lucus Ensemble

O Museo Provincial de Lugo acollerá o
vindeiro sábado  - 29 de marzo, ás 18.00 horas - o concerto “Percorrendo
Castelao” do grupo de cámara Lucus Ensemble, que pechará a programación
conmemorativa organizada polo Museo coincidindo co 75 cabodano do
pasamento de Castelao.

Unha narración biográfica fía o concerto, no que a formación lucense
interpretará pezas relacionadas con diferentes fitos vitais, creativos e
políticos da súa vida, desde a Festa na Tolda de Gustavo Freire que
evoca traballos dos primeiros anos como o tríptico “Festa na aldea” ata
a “Chanson Espagnole” de Maurice Ravel, lembrando a súa residencia en
París como ministro do goberno republicano no exilio, pasando pola
“Obertura cubana” que  remomorará os seus “Debuxos de Negros”.

O concerto celebrarase na Sala de Exposicions Temporais do Museo con
entrada libre ata completar a capacidade do espazo.


Programación conmemorativa

O concerto forma parte da programación conmemorativa “75 cabodano de
Castelao (1950-2025)” coa que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo e
o Museo Provincial de Lugo difunden o legado artístico e político de
Castelao no primeiro trimestre deste ano,e que inclúe tres proxectos
expositivos que se poden visitar ata finais de marzo na Sala de
Exposicións temporais:  a mostra bibliográfica “75 anos da sinatura de
As cruces de pedra na Galiza”,  a exposición  “Castelao. O retorno a
Galicia, 1984”, con fotografías da chegada a Compostela dos restos de
Castelao ralizadas por Xan Carballa, e “Sempre en Galiza. 1944-2024”,
sobre a obra cumio do pensamento político do rianxeiro.

Ademais, o pasado 28 de febreiro celebrouse xornada sobre a vixencia de
Castelao na arte e no pensamento galego, coordinada por Pilar García
Negro e Aurelia Balseiro,  con ponencias de Miguel Anxo Seixas,
Francisco Rodríguez,Iria-Friné Rivera, María Victoria Carballo Calero e
Diana Vila Meis.

Alén diso, neste primeiro trimestre do Ano Castelao, o Museo Provincial
de Lugo organiza todos venres – ás 17.00 horas - visitas guiadas ás
obras de Castelao que forman parte dos fondos propios da entidade. A
maioría delas expóñense nunha sala monográfica, inaugurada en 2010, con
debuxos, gravados realizados con diversas técnicas e unha acuarela,
feitos na súa maioría nos anos vinte do século XX, ubicada na sala 25 da
primeira planta. O museo conta ademais con dous óleos sobre cartón,
“Asno e gaivotas” e “Paisaxe con castiñeiro”, que se poden ver na sala
13 dedicada ás Vangardas Históricas e Arte da posguerra.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android