Libraría de Mulleres Lila de Lilith
Rúa Travesa, 7 - Santiago de Compostela Ver web
O libro No nos vamos, nos echan. Las luchas contra la precariedad de la nueva diáspora española (2024) presentarase en Santiago de Compostela, na libraría feminista Lila de Lilith o próximo venres, 31 de Xaneiro ás 19h (Rúa Travesa, 7, Santiago). Na presentación do libro participarán varias autoras e autores do libro: • Carlos Diz: Coordinador do libro, profesor de Socioloxía na UDC e experto en movementos sociais. • Belén Fernández-Suárez: Coordinadora do libro, profesora de Socioloxía e experta migracións. • Miguel (Mike) Barbosa: Activista da Marea Granate Manchester (en liña) • Brais Estévez: investigador retornado na USC, departamento de Xeografía, e membro de ANTE. • Carlota Memba: activista da Oficina Precaria Berlín (en liña) • Antía Pérez Caramés: Autora dun capítulo, profesora de Socioloxía na UDC e experta en dinámicas demográficas, migracións e coidados. O libro, editado por Tirant Humanidades (2024), é un ensaio escrito de maneira colectiva por activistas e académicas que analiza o papel dos movementos sociais xurdidos para dar voz ás demandas da nova emigración española en Europa. Estes fluxos emigratorios intensificáronse a partir da crise económica de 2008 e inclúen reivindicacións como o dereito a unha sanidade universal, a derrogación do dereito ao voto e o apoio transnacional ás loitas feministas no estado español. A obra estuda os movementos sociais vinculados á emigración da mocidade española como un suxeito político transnacional atípico no contexto europeo, capaz visibilizar as demandas dunha migración silenciada e invisibilizada no marco intraeuropeo.
Rúa Travesa, 7 - Santiago de Compostela Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar