19:00 hasta las 20:30
Presentación do Álbum ilustrado 'Feministas pola Paz'

Presentación do Álbum ilustrado "Feministas pola Paz"

No Día Internacional das Mulleres pola Paz e o desarmamento, a Asemblea de cooperación pola Paz en Galicia organiza o acto de presentación pública do álbum ilustrado Feministas pola paz, unha obra eminentemente divulgativa que pon nome e cara a moitas das mulleres que traballaron e traballan pola consecución dunha sociedade máis pacífica.

A obra, que se presentará por primeira vez, ten un dobre obxectivo “por unha banda, reapropiarnos do termo de paz e visibilizalo como un concepto integral e amplo, máis ala da ausencia de guerras e, por
outro, para valorar o traballo dende o feminismo para a construción de sociedades máis xustas e pacíficas”, segundo afirman desde a Ongd.

A presentación terá lugar o 24 de maio, ás 19.00h, na Libraría Lila de Lilith de Santiago de Compostela. Será un acto aberto a modo de mesa redonda no que se compartirán con algunhas das mulleres cuxa vida e activismo combinan feminismo e pacifismo e de Marta Conde, ilustradora e
maquetadora da obra. Zeltia Irevire pechará a presentación
cunha actuación musical e, ao finalizar, as persoas asistentes terán á súa disposición un exemplar da obra.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android