00:00 hasta las 00:00
ARDE LUCUS 2025
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
Arde Lucus MMXXIV A festa de ARDE LUCUS celébrase por primeira no ano 2000, coincidindo coa declaración de Patrimonio da Humanidade da Muralla Romana de Lugo. A festa nace coa intención de rememorar a fundación da cidade de Lugo recreando o seu pasado romano e castrexo. Durante os días que duran as celebracións, o casco histórico da cidade viaxa no tempo e transfórmase en Lucus Augusti, destacada urbe da Gallaecia romana, ofrecendo aos seus visitantes un completo programa de actividades, tanto lúdicas como culturais, sempre gardando a maior rigorosidade histórica posible, e dentro dun marco incomparable como é a Muralla de Lugo, que cobra especial protagonismo durante estes días. Pero esta festa non sería o mesmo sen a implicación das súas xentes, das asociacións de recreación histórica, dos colexios, dos locais comerciais que adornan os seus escaparates,.. Todos participan activamente de la festa, sexa caracterizados de romanos ou de castrexos, e eses días toman as rúas dándolle vida á renacida Lucus Augusti. A festa, que cada ano converte Lugo nunha viaxe ao pasado, conta co traballo incansable das 19 asociacións de recreación histórica, fundamentais para o seu éxito. Estas agrupacións inclúen Ara Roma, Asamblearias Lucus Augusti, Caetra Lucensium, Civitas Lucensis, Clan de Breogán, Cohors III Lucensium, Garda Pretoriana, Kertix, Lucus Equites, Lucus Icenas Miliatore, Lugdunum, Mercenarios Galaicos, Pax Romana, Salesiani Luci Augusti, Senatus Lucus Augusti, Terra Copora, Tir Na n'Og, Trebas Galaicas e Vestales Lucus Augusti. Grazas a elas, Lugo logra manter vivo o espírito castrexo e romano, ofrecendo unha experiencia única que combina identidade, patrimonio e dinamización cultural. Moitas son as sorpresas que podedes atopar paseando por rúas e prazas. Lume, música, seres de lenda, guerreiros celtas, lexionarios romanos, seres mitolóxicos,… MACELLUM, o mercado. A CASTRA DE LUCUS AUGUSTI, asentamento militar do Imperio romano no que conviven e comparten espazo diferentes tribos castrexas. CIRCUS, el circo romano!! ASENTAEMIENTO GALAICO, coñece de primeira mano o día a día dunha tribo galaica. VODAS e BAUTIZOS, celtas o romanas ti elixes!! Desde o ano 2017 ten a distinción de Festa de Interese Turístico Nacional, e cada ano son máis e máis os visitantes que se achegan a Lugo a desfrutar desta festa romano/castrexa e caen rendidos á tradición. +INFO: https://www.ardelucus.com/



