21:30
MELODIAM EN LA SALA KOMINSKY
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
9€
Con raíces en Galicia e base en Berlín, Melodiam preséntanse en directo na Sala Kominsky de Vigo. Tras o seu paso como gañadoras do concurso Conxefest Fish and Hits o pasado mes de outubro na Porta do Sol, agora regresan á cidade para estrear as súas novas cancións. Melodiam celebra a diversidade, a autoexpresión e o poder da música para unir ás persoas. Música urbana que abarca desde vibrantes festas de reguetón queer no frío inverno berlinés, ata narrativas irónicas sobre a pandemia, pasando por himnos ao empoderamento así como cancións máis experimentais. Tras xirar por Arxentina e Chile, continúan traballando en novas cancións que verán a luz a finais de ano. Un repertorio feminista, reivindicativo e empoderador, co que queren ofrecer unha experiencia visual e sonora cautivadora, adaptada aos tempos de cambio nos que vivimos.


