Aos seus 32 anos e coa experiencia que lle outorga vir cos deberes feitos de casa, podemos observar que Paco non é un neófito na produción musical. Xa ben sexa polos seus proxectos paralelos (Los Tesoros e Los Sacrificios), ou polo mero feito de levar subindo a súa propia música a Bandcamp desde 2012-2013, apreciamos que nesa fórmula o-fi existe tamén un pouso de dedicación que progresivamente lle permitiu gañar adeptos. Desde o seu singular estilo, o cantante corrobora que ese romántico espírito DIY segue desde entón intacto no seu bo facer.
Por ese deixe popular nas súas influencias e o costumismo da súa lírica, son varias as ocasións nas que se tratou de outorgar ao artista a autoría ou misión de estar a establecer un vínculo entre o contemporáneo e o tradicional.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar