20:00
O pano (Bátega Teatro)

O pano (Bátega Teatro)

O pano (Bátega Teatro) 

6 de outubro. 20.00 h. Casa da Cultura de Sarria. Teatro Iván Tourón
Morais.

Dentro da programación Teatro Iván Tourón Morais

Montaxe multidisciplinar que abrangue o drama, o musical e a ciencia
ficción. Público a partir dos 11 anos. Dirixido especialmente a público
adolescente.
Celia habita un espacio atemporal que evoca o século pasado. Vende
cogomelos no mercado e lixa caixiñas de madeira, gústalle sentir a súa
suavidade porque contrasta coa dureza da vida. Casou moi nnova, mais o
seu matrimonio foi tóxico e difícil. Veremos como afronta Celia esta
situación desde a valentía e como reconstrúe a súa vida. Sau 43 é unha
muller que fuxíu por unha fendedura temporal, vén desde o ano 2040 para
traernos unha mensaxe moi importante. Ten a misión de evitar que a
violencia machista se estenda por cada recanto. É hora de construirmos
un futuro mellor.

Autoría e dirección: Raquel L. Cendán.
Espazo sonoro e escenografía: Ero Vázquez Cabrera.
Elenco: Raquel L. Cendán e Ero Vázquez Cabrera
Duración: 55 minutos
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android