17:30
Mudanzas (Ubú Teatro)

Mudanzas (Ubú Teatro)

Mudanzas (Ubú Teatro)

4 de outubro. 17.30 horas. Casa da Cultura de Sarria.
Dentro da programación Teatro Iván Tourón Morais


Comedia. Público infantil e familiar

Cada cambio de casa é unha aventura. Daquela chega o momento de abrir as
caixas e ver como atopar un lugar para cada cousa.. Pero algunhas caixas
ou caixiñas, ou algún baúl, quedan á espera de que alguén nos abra par
revisar aqueles proxectos que gardamos sen entender  moi ben o motivo.
Nunha tarde de chuvia na que non saben moi ben que facer, Amanda e
Matilde abren o antigo baúl azul da familia para ver que se agacha no
seu interior. Abrilo é unha viaxe polas emocións, as cancións doutros
tempos, as lembranzas máis entrañables, transitando polas vellas
historias e sentindo que outra vez son as nenas que eran, nunha nova
casa con eses obxectos vellos, que hai tempo agardan saír do baúl para
dar un paso e darlle aire á memoria.

Autoría colectiva
Dirección: José Campanari
Elenco: Marga Portomeñe e Ana Carreira
Duración: 45 minutos
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android