20:00
Neura, unha comedia neurótico-festiva en Vigo

Neura, unha comedia neurótico-festiva en Vigo

O 𝗩𝗘𝗡𝗥𝗘𝗦 𝟭𝟵 𝗗𝗘 𝗔𝗕𝗥𝗜𝗟 De Ste Xeito Producións estreará a súa nova comedia "𝗡𝗘𝗨𝗥𝗔, 𝗨𝗡𝗛𝗔 𝗖𝗢𝗠𝗘𝗗𝗜𝗔 𝗡𝗘𝗨𝗥𝗢𝗧𝗜𝗖𝗢-𝗙𝗘𝗦𝗧𝗜𝗩𝗔", no Auditorio Municipal do Concello de Vigo.
Este evento está promovido polo Concello de Vigo a través do programa cultural da Rede Galega de Teatros e Auditorios e do programa Vigocultura.

# 𝗗𝗔𝗧𝗢𝗦 𝗗𝗢 𝗘𝗩𝗘𝗡𝗧𝗢:
A cita será o Venres 19 de Abril ás 20:00h.
Auditorio Municipal de Vigo situado en Praza do Rei nº1 Vigo.
Entradas anticipadas na web de Giglon.
Público +12anos.

class="html-br">NEURA é unha comedia que aborda o tema da saúde mental, iso si, con minúsculas. Os nosos protagonistas conviven con teimas propias e alleas. Tentan agochar algunhas, exhiben outras orgullosos, en ocasións búscanlles tratamento, pero sempre sofren por elas.

Neura non é unha comedia romántica: Edu e Sonia, xa viviron no pasado a súa historia de amor e desamor que terminou precisamente por mor deses pequenos trastornos. Non son amigos, non son amantes. Son esa categoría difusa á que chamamos ex. Xente da que sabemos ata o seu grupo sanguíneo, pero coa que actuamos como perfectos descoñecidos.

Os azares da vida fan que volvan atoparse en distintas circunstancias. Obrigados unha vez máis a poñer a proba a compatibilidade das súas neuras. Con todo, a evolución de cada un por separado, durante estes anos, a través de diferentes terapias e pseudo-terapias fai que se reencontren cunha versión actualizada da persoa á que coñeceron.

Situacións novas e sorprendentes que nos farán viaxar dun xeito hilarante a través do mundo dos trastornos e a saúde mental. Un camiño afastado de preconceptos caducos, que confronta con sinxeleza as múltiples alteracións da personalidade. Manías das que ninguén se libra, por moito que as ocultemos ou sexan tabú.

Neura é unha comedia neurótico-festiva na que todos e todas nos veremos reflectid@s.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android