20:00
Emigrantas

Emigrantas

Bailaríns: David Loira e Esther Latorre

Emigrantas é unha peza de danza sobre a última diáspora galega con perspectiva de xénero.

Dúas intérpretes en escena vivencian unha experiencia central na súa xeración: a emigración e o retorno da derradeira diáspora, distintas das anteriores pero mantendo o pasado na memoria.

A última vaga migratoria, debedora da crise, é multipolar e multicausal. Na pasada década 47.105 persoas entre os 20 e os 39 anos abandonaron Galicia na procura contextos laborais máis favorables. A nosa pirámide de poboación empeorou, e o problema demográfico está no centro da axenda política galega. Hai unha necesidade urxente de modificar o discurso clásico das migracións, válido para entender os éxodos transoceánicas de principios do século XX pero non os presentes.

Un grupo de mulleres creamos Emigrantas, unha peza de danza para bailar datos, estatísticas, vivencias, intuicións e posibilidades; pezas coas que tecer un ensaio bailado sobre a actual diáspora galega en compaña de outras comunidades de emigrantas, dentro e fóra da Galicia interterritorial.

O motor destas Emigrantas é pensar a presente vaga migratoria presente en complicidade con comunidades galegas no exterior e outras emigrantas en Galicia, para así construirmos unha peza que nos leve xuntas diante do presente fenómeno migratorio.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android