18:00 hasta las 19:30
Sesión ciclo: How to have sex en Ourense

Sesión ciclo: How to have sex en Ourense

Mércores de afondar na sexualidade coa proxección de "How to have sex" de Molly Manning Walker!

Tres adolescentes británicas, Zara, Em e Skye, viaxan a Creta para perderen a virxindade. As mozas queren pasar o mellor verán das súas vidas, bebendo, festexando e moceando, pero tamén enfrontan a presión dos seus compañeiros. O filme examina a violencia sexual á que se teñen que enfrontar as rapazas en festas orxiásticas durante estes "ritos de iniciación" tipicamente británicos.

Premios 2023: Festival de Cannes; Un Certain Regard
Premios 2023: SEMINCI; Premio Pilar Miró á mellor dirección nova

Sesións ás 18h e ás 21h
Na Casa da Cultura (rúa Concello 11, Ourense)
Cota: 5€

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android