20:00 hasta las 20:00
Entradas para o espectáculo “O EMPARELADO AMARELO – A QUINTA DO CUADRANTE ” na Sala Ártika de Vigo.

Entradas para o espectáculo “O EMPARELADO AMARELO – A QUINTA DO CUADRANTE ” na Sala Ártika de Vigo.

Entradas para o espectáculo “O EMPARELADO AMARELO – A QUINTA DO CUADRANTE ” na Sala Ártika de Vigo.

Data: Sábado 11 e domingo 12 de maio de 2024

Hora:

Sábado 11 de maio de 2024 ás 20:00h Domingo 12 de maio de 2024 ás 20:00h Recinto: Sala Ártika

Prezo: Venta online: Entrada Anticipada: 10 € + gastos de xestión (dispoñible ata 24 horas antes da primeira función) En taquilla: Entrada Xeral: 14 €

Idades recomendada: + 14 anos

Duración: 60 min

Xénero: Drama

Idioma: Galego

Entradas para o espectáculo “O EMPARELADO AMARELO – A QUINTA DO CUADRANTE” o sábado 11 e domingo 12 de maio de 2024 na Sala Ártika.

SINOPSE:

O empapelado amarelo é un espectáculo teatral unipersoal que parte do relato autobiográfico homónimo publicado en 1891 pola autora norteamericana Charlotte Perkins Gilman. Nel narra, en primeira persoa, as perniciosas consecuencias dun tratamento médico que lle fora diagnosticado por un coñecido doutor da época para combater o estado melancólico e depresivo no que se atopaba a raíz do nacemento da súa primeira filla. Este tratamento consistía basicamente na eliminación de todo tipo de actividade intelectual e creativa, nunha dieta hipercalórica e nun encerro total no seu fogar. Este remata por converterse nun cárcere onde ela, acostumada a unha intensa actividade social e artística, acabaría por achegarse ao abismo da existencia e ao límite da súa cordura. O espectáculo utiliza as claves do relato de terror gótico para denunciar os mecanismos de represión propios do heteropatriarcado sobre as mulleres da súa época, privadas de todo tipo de voz pública e pechadas nun sistema que as facía plenamente dependentes dos seus esposos. Rebélase así, sen concesións, contra as convencións da época, apostando por unha radical liberación da muller do xugo masculino e unha defensa da necesidade de conformarse como suxeitos de pleno dereito, empoderándose de xeito absoluto. O empapelado amarelo é unha das mellores mostras da literatura feminista mundial do século XIX, que aínda hoxe é xerme de diversas interpretacións, revisións e novas lecturas por parte de artistas de todo o mundo, dado o seu carácter fundacional, onde a autora constrúe unha personaxe que representa un arquetipo contemporáneo da loita da muller por acadar a liberdade plena. Dende A Quinta do Cuadrante eliximos este relato como punto de partida para a creación dun espectáculo que dialogue, dende o noso século XXI, coas palabras de Charlotte Perkins Gilman, reflexionando escenicamente sobre a necesidade de continuar, case 150 anos despois da súa publicación, coa loita incesante pola nosa liberdade e a defensa da creatividade e da arte como elementos indispensables para a construción dunha personalidade completa.

As entradas para o espectáculo “O EMPARELADO AMARELO – A QUINTA DO CUADRANTE ” na Sala Ártika de Vigo teñen un prezo de 14 € ou 10 € + gastos de xestión.

FICHA ARTÍSTICA:

Dramaturxia: Tito Asorey e Melania Cruz en base ao relato de Charlotte Perkins Gilman

Interpretación: Melania Cruz

Escenografía e Iluminación: Laura Iturralde

Espazo Sonoro: Xavier Bértolo

Instrumentistas: Macarena Montesinos, Elena Vázquez

Vestiario: Renata Uzal

Deseño Gráfico, Fotografía e Vídeo: Lucía Estévez

Deseño e Realización do Pop-Up: Francis Canales

Axudante de Dirección: Lucía Estévez

Dirección: Tito Asorey

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android