18:00 hasta las 18:00
“MOSNTROS – PRODUCIÓNS TEATRAIS EXCÉNTRICAS” na Sala Ártika de Vigo.

“MOSNTROS – PRODUCIÓNS TEATRAIS EXCÉNTRICAS” na Sala Ártika de Vigo.

Entradas para o espectáculo “MOSNTROS – PRODUCIÓNS TEATRAIS EXCÉNTRICAS” na Sala Ártika de Vigo.

Data: Sábado 2 e Domingo 3 de marzo de 2024

Hora:

Sábado 2 de marzo ás 18:00h Domingo 3 de marzo ás 18:00h Recinto: Sala Ártika

Prezo:

Venta online: Entrada Anticipada: 8 € + gastos de xestión (dispoñible ata 24 horas antes da primeira función) En taquilla: Entrada Xeral: 10 € Idades recomendada: + 6 anos

Duración: 50 min

Xénero: Comedia

Idioma: Galego

Entradas para o espectáculo “LA TEATROPEDIA – TEATRO DE FONDO ” o sábado 2 e domingo 3 de marzo de 2024 na Sala Ártika.

SINOPSE:

Exterior dunha sinistra casa, catro personaxes miran por unha fenda. É unha visión terrible, pavorosa. Intúense seres saídos dos peores pesadelos agochados entre as sombras. O nervio e o terror apodéranse do ambiente, as palabras atropélanse nas bocas. Será certo que aquel lugar está habitado por un monstro? Si, iso parece. Pero como é? Atréveste a vir con nós e mirar á terrible criatura á cara?

“MONSTROS” é un espectáculo familiar que reflexiona sobre aquelo que consideramos monstruoso e tal vez por iso nos aterroriza. Pero faino desde o humor, porque a risa é o mellor antídoto contra o que nos asusta. Este espectáculo é unha viaxe. Acompañando a estes catro personaxes asistimos a un desfile de criaturas terroríficas que nos acaban ensinando que o atroz está nos ollos de quen mira. O que é diferente a nós, por veces, resulta aterrador. Unha vez que nos enfrontamos ao monstro e incluso xogamos construír o noso propio, nós tamén cambiamos. E se non é tan diferente a nós? Agora que nos atrevemos a tocalo coas mans, somos a mesma persoa á que aterrorizaban as sombras?

“MONSTROS” é un artefacto divertido que nos conta como aprender a convivir cos nososmedos axúdanos a entendernos mellor, a nós e ás demais persoas, a aceptar as nosas propias monstruosidades. “MONSTROS” é un espectaculo orientado para público escolar e familiar cun elenco de primeira: Patricia Vázquez, Rocío González e Víctor Mosqueira; e coa música en directo do músico Piti Sanz. Este reparto de luxo desenvolverá historias que exploran os nosos medos utilizando a técnica do clown. A vella arte dos pallasos que parodia sen maldade, critica sen intención e que nos reconcilia coa nosa prodixiosa mente infantil. Un espazo escénico case nú e a música en directo lévannos a pasear polos ambientes mais sinistros: sórdidas catacumbas, casas enmeigadas, gabinetes de tortura, criptas de pesadelo. Quen son as autoras desta farsesca viaxe ao planeta do medo? María Lado e Lucía Aldao. Quen dirixe esta festival do humor e o terror? Marcos Orsi.

FICHA ARTÍSTICA:

Elenco: Rocío González, Víctor Mosqueira, Piti Sanz e Patricia Vázquez

Deseño Escenografía: Kukas Deseño

Iluminación: Octavio Mas

Banda Sonora: Piti Sanz

Deseño Gráfico: Natasha Lelenco

Produción: Rubén G. Pedrero

Autoría: Lucía Aldao e María Lado

Dirección: Marcos Orsi

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android