18:00
Lugo Cultural – EscaparArte

Lugo Cultural – EscaparArte

Lugo Cultural – EscaparArte

A Área de Cultura da USC promove intervencións escénicas en escaparates do casco histórico de Lugo coa iniciativa 'escaparArte', promovida ao abeiro do convenio Lugo Cultural. A presentación de candidaturas está aberta en escapararte@usc.gal

A Área de Cultura da USC mantén aberto ata o día 1 de abril o prazo de presentación de candidaturas para participar na iniciativa ‘escaparARTE’, un programa complementario do XXX Festival de Teatro Universitario, promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural, no que participan a USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo. As intervencións artísticas desenvolveranse o 13 de abril, en quenda de 18.00 a 20.00 horas.

‘EscaparArte’ está concibida como unha iniciativa participativa que propón intervencións artísticas en diversos escaparates do casco histórico da cidade de Lugo. As persoas interesadas teñen que consultar as bases de participación antes de facer chegar as súas propostas a través do enderezo de correo electrónico escapararte@usc.gal.


+INFO https://www.usc.gal/gl/servizos/area/cultura/eventos/escapararte
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android