20:30
Luns de Filmoteca: O movimento das coisas

Luns de Filmoteca: O movimento das coisas

O MOVIMENTO DAS COISAS Manuela Serra, 1985, Portugal, 85 min., VOSG Lingua orixinal: portugués *En colaboración coa Filmoteca de Galicia . Un día de traballo nunha aldea do norte de Portugal. Catro vellas, o campo, o pan, as galiñas. Historias de xestos saboreados en palabras mineralóxicas. Unha familia de dez fillos nunha granxa somérxese na inmensidade do tempo. O pai corta unha árbore. Máis alá, a auga dun río habitado por xente. Unha barca, o sol, a praza da vila, a ponte en construción, o balcón, a comida, a densidade e o misticismo do domingo, a misa e a festa. Nese lugar, Isabel móvese coa mirada posta no futuro. Para os demais, o sentido da vida é só vivir. E o tempo corre entre o amencer e o atardecer.

Manuela Serra impulsou a cooperativa Virver en 1975 á calor da Revolução dos Cravos e do Maio do 68. En 1977 comezou a escribir O movimiento das coisas, que rematou en 1985. Malia ter percorrido e recoñecemento en diversos festivais internacionais e malia recibir eloxios por parte de xigantes do cinema portugués coma Manoel de Oliveira ou Paulo Rocha, a primeira e única obra de Manuela Serra como realizadora non tivo estrea no circuito comercial ata 2021, logo de ser restaurada pola Cinemateca Portuguesa.

Premio FilmduKaten no Festival de Mannheim (1985) Premio AFGA no Festival de Cinema de Tróia (1985)

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android