11:30
 “Tú y yo”, de DaTe Danza

“Tú y yo”, de DaTe Danza

“Tú y yo”, e a danza… para eses miúdos corazóns amantes da vida. Dous corpos que respiran todo o que os rodea. Dous corpos que aprecian o que non coñecen, dous corpos que xorden, crecen e descóbrense na súa tenra vida a través do xogo e da curiosidade.

"Tú y yo", e a danza... para eses miúdos corazóns amantes da vida.

"Tú y yo" latexa dentro deses lugares comúns ás persoas, que ao compartilos se volven presentes e nos fan mellores ao recoñecelos. "Tú y yo" nace coa condición de utilizar os límites que conviven coas persoas, e usalos como discurso para a creación do espectáculo.

Deseñado especialmente para a primeira infancia, este espectáculo ábrese a un mundo de posibilidades para bebés, nenos, nenas (de 6 meses en adiante) e familias.

En "Tú y yo" celebramos a diversidade e facemos da inclusión a nosa norma.

Dirección do espectáculo: Omar Meza

Dirección teatral: Concepción Villarubia

Dramaturxia: David Ojeda

Coreografía: Omar Meza

Bailaríns e colaboración coreográfica: M.ª José Casado e Raúl Durán

Composición musical: Carmen García Jara

Asesoramento en discapacidade visual: Francisco López Montellano e Carmen Herrero Menéndez (Centro de Recursos Educativos de ONCE Madrid), Tania Gombao e Cristina Carrasco (Asociación APHISA, de Alcalá de Henares).

A QUEN VAI DIRIXIDO?: Familiar con bebés a partir de 6 meses.

HORARIO: 11:30 e 13:00 h

DURACIÓN: 30 min

PREZO: ENTRADA: 6,00 €

ABONO FAMILIAR (3 entradas para a mesma función): 15,00 €

MENORES DE 3 ANOS: 2,00 €

VENDA DE BILLETES

http://www.ataquilla.com/

Despacho de billetes da praza de Ourense (agás festivos): de luns a venres de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 h a 19.30 h. Despacho de billetes do Ágora: dende unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles).

PAGAMENTOS: no despacho de billetes da praza de Ourense, do Ágora e na televenda con tarxeta de débito ou de crédito, agás American Express.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android