13:00
Ferrados de Letras 2024

Ferrados de Letras 2024

Festival de música e poesía para celebrarmos as Letras Galegas e homenaxear Luísa Villalta.

Outro ano máis o auditorio do Centro Ágora acolle unha pequena mostra do traballo cultural que, ao longo do ano, vén facendo a Asociación veciñal Agra; traballo aberto ao que a veciñanza se pode incorporar en calquera momento.

A diferencia de edicións anteriores, nesta non imos ter a ningún grupo musical convidado, e só actuarán colectivos relacionados co local veciñal.

Nesta edición homenaxeamos Luísa Villalta. Beatriz Maceda, en representación da Asociación de escritores e escritoras en lingua galega (AELG), introducirá o acto cunha mención sobre Luísa Villalta, e participantes do club de lectura “Gosto de vivir a poesía” lerán unha escolma de poemas.

Participan tamén gaiteiros, pandeireteiras, cantadoras e cantadores, bailadores e bailadoras, recitadoras… a unha morea de amigas e amigos que entenden que espallar a nosa cultura e facela medrar é unha obriga que temos como habitantes orgullosos desta terra.

Un ano máis, tamén o grupo Parabéns partillará con nós o seu xeito de entender a nosa música.

A quen vai dirixido: público xeral

Prezo: de balde. Non se precisa reserva previa nin retirar billete de entrada.

• Organizadora: Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android