20:30
ABRAHAM CUPEIRO · ORQUESTA GAOS 'MYTHOS'

ABRAHAM CUPEIRO · ORQUESTA GAOS 'MYTHOS'

Abraham Cupeiro e Orquestra Gaos

Mitoloxías árabes, célticas, romanas, gregas ou hindúes son os puntos de partida de “Mythos”, cos que Abraham Cupeiro traslada ao espectador a mundos e cidades perdidas no tempo, como a enigmática Atlantis, con instrumentos que os nosos antepasados tocaban en teatros gregos, circos romanos ou covas perdidas nos confíns do mundo.

“Mythos” é unha viaxe a través da música polas historias primixenias que os pobos crearon, dende tempos inmemoriais, para atopar unha lóxica á orixe do universo.

Soará o aulós grego, cuxa invención se lle atribúe á deusa Atenea, un dos instrumentos máis representados na antigüidade grega. Das cinzas de Pompeia tamén se rescata o Cornu, unha xigantesca trompa que os romanos empregaban en campañas bélicas.

“Mythos” foi gravado en decembro do 2023 en Abbey Road Studios xunto coa Royal Phillarmonic Orchestra. Neste concerto, Abraham estará acompañado pola Orquesta Gaos, nada no ano 2009 e formada por 80 músicos de toda Galicia, na súa maioría estudantes e profesores dos conservatorios galegos.

Fuente: https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/abraham-cupeiro-%C2%B7-orquesta-gaos-mythos
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android