20:30
RFG · SONS ADORMECIDOS

RFG · SONS ADORMECIDOS

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

ABONO

Enrico Onofri, director

sons adormecidos

Redescubrir é o verbo que activa este programa, comezando coa abertura de Medea, a obra mestra de Luigi Cherubini, compositor admirado por Beethoven. Antonio Sacchini morreu aos 57 anos, deixando 50 óperas e unha vida de luxo, excesos e obras de todos os xéneros, entre as que figura a súa ciaccona en do menor. Joseph Martin Kraus foi coetáneo de Mozart (e morreu coa mesma idade, 36 anos); admirado por Haydn, foi compositor na corte de Gustavo III de Suecia, non sen antes pasar anos de penuria. Destaca entre as súas 15 sinfonías a escrita en Do menor. Tamén excelente foi a fama de Ferdinando Paër ata que o século XX o esqueceu por completo; un exemplo é a súa ópera Leonora, eclipsada pola de Beethoven, a pesar do seu éxito en 1804, dous anos antes da estrea da Sinfonía núm. 4 de Beethoven, obra xenial pero opacada entre a monumental 3º e o pathos tráxico da 5ª.

CONVERSANDO CON... Sala Mozart 19:45 h

Enrico Onofri

Fuente: https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/rfg-%C2%B7-sons-adormecidos
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android