20:30
LA COMEDIA DE LOS ERRORES

LA COMEDIA DE LOS ERRORES

MIXTOLOBO S.L. E FESTIVAL DE MÉRIDA

Idade recomendada: >12 anos
Duración: 105 min
Lingua: castelán
Foco A voltas cos Clásicos

Estamos en Éfeso, cidade chea de raposeiros, de magos capaces de enganar o ollo, de escuros feiticeiros que trastornan o xuízo, de bruxas asasinas que deforman o corpo, de truáns disfrazados de lingoreteiros e pecadores libertinos. Antífolo e Dromio de Siracusa, amo e criado, chegan á cidade buscando os seus respectivos irmáns xemelgos. O pai de ambas parellas de palíndromos tamén chega a Éfeso, pero detéñeno por ser un estranxeiro sen papeis nada máis pisar porto e é condenado á morte. Só atopando os seus fillos poderá salvarse. Antífolo e Dromio de Éfeso viven na cidade e pasan por ser os seus irmáns siracusanos. Luciana e Adriana, parella destes últimos, son as primeiras en confundir os seus maridos cos irmáns deles. A partir de aquí erros con antigos debedores, xoias en mans equivocadas, débedas non saldadas, van endiañando os nosos personaxes até o punto de necesitar un exorcista. Todo se enredará máis e máis, erro sobre erro, até a aparición dunha Nai Abadesa que nin é monxa nin é virxe. Entón é cando o desastre se converte nunha festa. Versión: Albert Boronat sobre o texto de William Shakespeare

Dirección: Andrés Lima

Elenco: Pepón Nieto, Antonio Pagudo, Fernando Soto, Rulo Pardo, Avelino Piedad e Esteban Garrido

Axudante de dirección: Laura Ortega

Deseño de escenografía: Beatriz San Juan

Deseño de vestiario: Paola Torres

Deseño de iluminación: Pedro Yagüe

Espazo sonoro: Sergio Sánchez Bou

Fuente: https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/la-comedia-de-los-errores
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android