19:30
Músicas y silencios

Músicas y silencios

Músicas e Silencios pretende realizar unha proposta orixinal que acolle varias reivindicacións históricas. Por unha banda, a presentación dun instrumento como o contrabaixo moi pouco utilizado como solista e en música de cámara con piano en concertos e cuxo repertorio se cre moi limitado, e por outro superar a exclusión das mulleres do repertorio de obras para contrabaixo e piano.

A desigualdade de xénero está presente na Historia da Música, sobre todo no campo da composición, e a interpretación dalgúns instrumentos vetados ás mulleres. Ata o punto que hoxe en día, esta desigualdade aínda a observamos nas orquestras, nos conservatorios e nas programacións dos teatros. Este proxecto trata de reivindicar o papel das mulleres ao longo da historia, como foron invisibilizadas, marxinadas e esquecidas polo canon musical dominante. Recuperar e difundir as súas obras, as súas biografías, o seu legado á arte e a cultura, así como sensibilizar ao público sobre a importancia da igualdade de xénero no ámbito musical.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android