20:30
Conexión Pingüin

Conexión Pingüin

Unha reflexión cómica, en dous tempos, as dúas voces, sobre a incomunicación na era da comunicación, nunha posta en escena que mestura neve polar, móbiles de última xeración, pingüíns no horizonte, mamá non se decata, cordas enredadas, un mapa, un compás, un GPS, ... 

Conexión Pingüín é unha comedia que quere falar da incomunicación entre os ser humanos. Este mal fai estrago todo os días e acotío, na casa, coa familia, no tráfico, no traballo... Estamos na súper era tecnolóxica, da conexión inmediata, da telecomunicación, mais nunca estivemos tan lonxe entre as persoas.
A trama desta montaxe ten dous planos aparentemente distantes na época, na latitude e no contexto, mais conectados pola liña condutora deste divertido texto. Por unha banda, os nosos dous protagonistas trasladarán ao público ao ano 1923, cando tivo lugar unha famosa expedición con rumbo ao polo sur magnético. Dous intrépidos montañeiros, con falta de sentido común e exceso de ego, terán que loitar contra as inclemencias polares, a falta de escoita, despísteo mortal e as súas propias barbas, que non pairan de crecer. E doutra banda, unha conferencia formal que, case un século despois, rememora e actualiza aquela fazaña antártica.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android