20:30
Cineclube Pontevedra: L'envol

Cineclube Pontevedra: L'envol

L'ENVOL Pietro Marcello, 2022, Francia, 100 min., VOSE Lingua: francés . Juliette medra soa co seu pai Raphaël nalgún lugar do norte de Francia. Alí son marxinados polo resto da vila pero eles quérense e viven en harmonía. El é un veterano da Primeira Guerra Mundial que agora se dedica a traballar a madeira con enorme talento. A nena, apaixonada polo canto e a música, coñece un verán a unha feiticeira que lle promete que, algún día, verá no ceo unhas velas escarlatas que a sacarán da súa vila. Juliette nunca deixa de crer nesta profecía.

Marcello constrúe un marabilloso relato con tintes de fábula baseado libremente en O veleiro vermello, do novelista soviético Aleksandr Grin.

Mellor Dirección no Festival de Sevilla 2022 Quincena dos Realizadores de Cannes 2022

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android