18:00
Molto Barroco

Molto Barroco

Unha corte real europea a mediados do século XVIII habitada por catro personaxes: o Rei, a Raíña o Compositor de Corte e o bufón que frecuentan as dúas estancias do palacio real: un salón de baile, con todos os luxos da época, onde ocorre e transcorre a trama principal, un cuarto escuro e pequeno onde o Compositor da Corte se reúne cos seus tres músicos de cámara para intentar sacar adiante os encargos musicais do monarca. Un espectáculo onde as personaxes, as músicas orixinais e adaptacións, o teatro cómico e os espazos escénicos se mesturan completamente nunha festa da mellor música barroca.

Con motivo do baile de petición de man da súa prometida, o Rei encarga ao Compositor da corte unha peza orixinal. Esta solicitude desencadea unha serie de escenas cómicas entre o Compositor e os seus tres músicos de cámara nas que teñen cabida todo tipo de gags, rutinas cómicas e musicais, bailes e ata xogos malabares. Pero, paralelamente, o espectáculo nútrese doutra sinxela trama, unha sorte de comedia de enredo entre o Rei, a súa prometida e, se cadra, futura Raíla e o Compositor.

Un triángulo amoroso que contará coa complicidade dun Bufón de actitude irreverente. Molto Barroco é, antes que nada, unha reivindicación das composicións musicais barrocas desde o teatro. No noso espectáculo estará presente unha marabillosa música orixinal de inspiración barroca composta por Adrián Saavedra, así como diversas adaptacións das pezas barrocas para marimba, xilófono e outros instrumentos de percusión. Pero máis que unha posta en valor,

Píscore Teatro ofrece a posibilidade de disfrutar, desde o teatro, da música da época barroca, nunproxecto teatral que vén asentado sobre o ton cómico, apartado do academicismo, que inundará todo o espectáculo.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android