18:00
Gaia Baba

Gaia Baba

Unha obra sen palabras e música en vivo que mestura o mundo da marioneta e o teatro físico.
Unha historia contada a través das marionetas onde o espectador recoñece os propios desperdicios da súa vida cotiá, estilizados e transformados, para falar da inminente conquista do lixo no noso planeta, un mundo que a priori, xa está perdido?

Gaia Baba. Sinopse:

O mundo perdeu a súa cor e volveuse gris. Manolo vive entre o lixo e chatarra. A súa escoba é a súa fiel compañeira coa que dedica os seus días á danza do varrer e tentar limpar esa onda de refugallos que sempre volve. Os desperdicios, terribles, criaturas, todo o reinan e todo o cobren. Desde esas montañas e mares de desperdicios saen as criaturas que poñen en perigo ao último humano, ata que un día, entre os desfeitos Manolo atopa algo que daba por perdido e podería salvar a súa terra erma? Gaia Baba, a última bruxa?

Recomendado a partir de 7 anos.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android