XXVIII FEIRA DA CANTERÍA, CALLOS E ARTESANÍA 2023 A Comunidade de Montes de Parga celebrará unha nova edición da Feira dá Cantería, Callos e Artesanía, evento onde os presentes poderán gozar coas numerosas actividades lúdicas programadas. As actividades comezarán ás 08.30 horas da mañá coa apertura do XXI Certame de Cantería. Desde as 10.00 horas estará aberta ao público a Mostra de Artesanía, e ás 11.00 horas terán lugar as actuacións dos grupos municipais (Banda de Música, Grupo de Gaitas e UNED Senior) e Na Casa Zoqueiro. Ás 13.30 horas pecharase o certame e levará a cabo a lectura do pregón. Ás 14.00 horas darase a coñecer o fallo do xurado e levará a cabo a entrega de premios. Ás 16.00 horas comezará o Campionato Galego de Andaina Federada 2023 (cabalos novos, menos de 150 serrada, menos de 150 chapeada, máis de 150 serrada, sub 16 e máis de 150 chapeada).
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar