21:00
Consertasso na horta

Consertasso na horta

Hoxe na horta de Brais das Hortas hai concerto. Mellor dito: Consertasso!

Todo da casa! Grelos e temassos, cun equilibrio variado de formas e estilos - como debe ser nun ecosistema musical diverso e saudable! A Santa Compaña aparécese entre as patacas cantando un trap. Hai unha pulga punk da praia de Liméns.

As cabras tiran para o monte e os caracois reivindican o seu ritmo: o reggae. Entre as cenorias, os lagartos toman o sol ao son dun tumbao-é o propio!- e os kiwis non paran de brotar bailando ska. Tamén hai sitio para os soños, coma o de ser astronauta, ou para pedirlle axuda ás veciñas para botarlle o sulfato as viñas. E máis temassosentre guitarrazos, charangazose un lote de instrumentazosmáis. Música e humor para toda a familia.

Letras e arranxos coidados para sementar e apañar risas e ganas de cantar xuntas.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android