19:30
Mamá Cabra

Mamá Cabra

Mamá Cabra prepara un percorrido polos grandes éxitos do grupo, dende a súa creación ata o presente, dende os primeiros traballos discográficos ata as novidades máis actuais. Unha actuación musical chea de ritmo onde as familias poderán cantar, bailar, e divertirse. Mamá Cabra é un dos grupos pioneiros da música infantil galega, creado por Gloria Mosquera, educadora infantil e música. Na actualidade contan xa cun puñado de libros e discos editados coa editorial Galaxia, entre outros: Ola, Ola, la, Cartas que veñen e van, Estación Nadal, A bruxa Discordia, Eu cociño, ti cociñas? E máis recentemente A fraga do meu avó, un libro sobre o amor pola natureza e polos animais.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android