17:30
A tropa do doutor Milagre

A tropa do doutor Milagre

Un explosivo espectáculo de teatro de rúa onde maiores e pequenos poderán probar de primeira man os “efectivos” produtos do Doutor Milagre. Non ten pelo? Alopecia? Síntese débil e decaído? Sen apetito… de ningún tipo? Probe os produtos do Doutor Milagre: Espumosos xampús, elixires fertilizantes ou inxeccións máxicas…

Proximamente a súa vila encherase de diversión e alegría coa chegada do Expreso do Doutor Milagre. Agoniado polas débedas e impulsado por unha necesidade imperiosa de facer fortuna este atolado médico/inventor toma unha arriscada decisión: Facerse con un autobús abandonado para convertelo nun autentico show de venta ambulante. Para esta aventura estará acompañado do seu fiel axudante, o pequeno Miñoca e a exuberante Madame Bobarí. Música, improvisación, xogo, baile, diversión, comedia, maxia e moito máis neste delirante espectáculo de rúa.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android