20:30
De aló de onde eu veño

De aló de onde eu veño

Caxoto é a persoa que se atopa tras do mostrador na Trastenda dos Contos. Mestre en educación primaria e sempre ligado ao espazo escénico entra en contacto coa narración oral coa súa chegada á Editorial Kalandraka no 2004. Alí logo de formarse como narrador asume a campaña de animación á lectura que o leva por colexios e bibliotecas de toda Galicia.

A partir de aí comeza un longo camiño no que ir definindo o contador que chegou a ser ben a partires do seu traballo ben a través da formación con algunhas das figuras máis relevantes da narración oral: Paula Carballeira, Cándido Pazó, Celso F. Sanmartín Campanari, Mercedes Hernández, Carolina Rueda, as Escolas de verán de AEDA, ...

Caxoto Contacontos percorreu varias veces toda a xeografía galega con espectáculos de narración oral para público infantil, adolescente e adulto. O seu contar é sinxelo, directo, retranqueiro e cheo de emocionalidades. O seu amplo repertorio toca todos os paus da narración oral: conto tradicional, contemporáneo, contos de creación propia, historias de vida, ... e no seu contar non hai temas tabú.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android