20:30
Dona Emilia e a señora Carme

Dona Emilia e a señora Carme

Nas longas noites de inverno ou nas calurosas tardes de verán, a vella Carmela lía novelas do oeste ou miráballe os santos ás revistas do corazón. Iso era cando non estaba calcetando, nin ganchillando, nin rezando o rosario, que eran as súas ocupacións principais no seu lecer. Tiña outra afección que gostaba moito na familia: cociñar e non podía evitar facelo en cantidades industrais, por da fame pasada, polo que sempre precisaba axuda na cociña e alí estaba a súa neta para axudarlle nos fogóns. Para entretela e aprendela contáballe contos e historias doutras vidas para que cando fose maior, non pasara as penalidades que ela sufrira nos seus tempos mozos. Á neta gustáballe o que escoitaba e preguntaba e preguntaba. E Carmela respondía e respondía… pero, a veces, calaba. Para tirarlle da lingua a neta empezou a contarlle a ela, pois xa se sabe cun conto chama por outro. E así foi como Carmela, na súa vellez, soubo que houbo dunha condesa que escribía sobre o mesmo mundo que ela coñecía. Sei ben que esta historia foi así pois Carmela era a miña avoa.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android