Nuria Lorenzo, mezzosoprano naceu en Vigo e é titulada Superior en Canto polo Conservatorio Superior de Música de Vigo. Compaxina estes estudos coas clases maxistrais da mezzosoprano Helga Mueller Mollinari en Verona, Italia. No ano 2015 recibe a Medalla de Prata Galega Destacada 2014 en recoñecemento á súa traxectoria profesional como cantante lírica e directora coral. Foi bolseira pola Universidade de San Louis (EE. UU.) para estudar Interpretación da Canción Española en Granada co mestre Miguel Zanetti. Deu recitais por toda a xeografía española e parte de Europa, e fixo unha xira por toda Venezuela, onde cantou en varios teatros do país. Participou nas diferentes tempadas líricas nacionais e cantado nos mellores teatros de España.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar