𝗥𝗨𝗡𝗡𝗜𝗡𝗚!!!! 𝗘𝗡 𝗖𝗥𝗘𝗖𝗘𝗡𝗧𝗘 Este Sábado 22 de Febreiro, no Auditorio Municipal de Crecente, voltamos as táboas coa nosa suorenta comedia "Running, unha suorenta comedia De Ste Xeito" # 𝗗𝗔𝗧𝗢𝗦 𝗗𝗢 𝗘𝗩𝗘𝗡𝗧𝗢: + Sábado 22 de Febreiro ás 20:00 horas. + Auditorio Municipal de Crecente situado na Rúa Mon y Landa de Crecente. + Entrada gratuita. Aforo limitado. Recomendado para público de máis de 12 anos. + Evento organizado polo Concello de Crecente coa colaboración da Deputación de Pontevedra dentro do programa cultural +Escénicas. # 𝗦𝗜𝗡𝗢𝗣𝗦𝗘: Xulia e Román acaban de coñecerse e o primeiro WhatsApp non tarda en chegar: “¿Quedamos? Veña, ¡si! ¿Pero cando?” Fillas e fillos de parellas anteriores. Nais divorciadas. Avós na residencia. Adolescentes co pavo. O pequeno coa crise dos 8. Os grandes coa dos 40, coa dos 50, coa dos 60. Clases de ioga para liberar o estrés, patinaxe artístico os luns, danza jazz os martes. E ser taxista. Das fillas, dos fillos, das fillas dos demais, do pai, da nai, da avoa, dos primos. E os deberes. Os deberes da escola e o resto de deberes. Deberes e obrigas. Coidar de todo e de todos menos dun mesmo. ¿Como facer que as axendas cadren? E por outra banda: ¿de verdade quero comezar algo novo que poida supoñer máis deberes e menos pensar nun mesmo? Romeo e Xulieta tiñan as familias na contra dun amor prohibido. Xulia e Román aínda non saben se tanto se queren, pois as súas familias, as súas vidas, e os seus propios medos impiden brindar con esa primeira cervexa que podería facer nacer ou morrer o amor eterno.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar