17:00 hasta las 19:00
Ourense - Acompañamento na sexualidade 4/4
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
Rematamos esta actividade do "PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS" en Ourense coa última sesión dun obradoiro a cargo de Jeane Costa sobre:
ACOMPAÑAMENTO NA SEXUALIDADE DESDE A DIVERSIDADE ÉTNICO-RACIAL
As etapas infantil e adolescente, son etapas de crecemento nas que a sexualidade expresarase de diferentes maneiras ao longo do seu desenvolvemento. A educación sexual desde a diversidade étnico-racial cobra máxima relevancia na formación integral infanto-xuvenil, porque explica procesos transcendentais como a construción da identidade ou as relaciones socio-psico-afectivas na pluralidade cultural. Por iso, propoñemos este espazo para que construamos e atopemos as ferramentas imprescindibles para acompañar o desenvolvemento a nivel biolóxico, psicolóxico e social, entendendo a sexualidade como comunicación humana e fonte de saúde, afecto e pracer. Falaremos sobre o desenvolvemento evolutivo da sexualidade na infancia e adolescencia, reflexionado sobre a diversidade étnico-racial na formación da identidade, as condutas, ideas e comportamentos. Ofrecemos este espazo como apoio para as familias, un lugar seguro onde poidan recoñecer, expresar e integrar as emocións e conceptos acerca da sexualidade, desde unha marco de coidado, escoita e bo trato.
JEANE COSTA Graduada en Maxisterio - Educación Infantil. Máster en Sexología e Xénero. Máster en Autoconocimiento, Sexualidade e Relacións Humanas en Terapia Reencontro. Programadora e coordinadora docente de diversos programas de Educación Afectivo Sexual. O meu traballo oriéntase a diversos colectivos na área de asesoramento sexológico, formación sexológica a profesionais, deseño e impartición de seminarios de crecemento, transformación persoal e educación sexual integral desde a diversidade étnico-racial.
DATA: 04/07/23 HORA: 17:00 - 19:00 LUGAR: Centro Cívico A Ponte. Rúa Eulogio Gómez Franqueira nº 43. Ourense
Coma sempre podedes convidar a quen queirades.
ESPERÁMOSVOS!!!!
Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.gal ou no 688 927 124.
Lembrade que todos os 1º martes de cada mes estaremos en Ourense
Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.
Un saúdo
Actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia


