A Concellería de Educación, coa colaboración da Asociación Cultural Xaquedrum, a Escola Luguesa de Xadrez, El Progreso e Deporte Galego da Xunta de Galicia, organizan o Torneo de Xadrez de SEMANA SANTA. Celebrarase o próximo domingo 16 de abril de 17:00 horas a 19:30 horas, no soto da praza de bastos de Lugo. Control Asistencia (obrigatorio) é de 16.30 h a 16:50, se algún xogador o xogadora non pasou polo control asistencia durante ese horario, entrará unha rolda máis tarde. Os interesados en participar no torneo deberán realizar a inscrición, entregando o formulario o monitor do colexio o escribindo email a xaquedrum@gmail.com. O torneo será totalmente de balde. A inscrición poderase realizar ata o 13 de abril ás 20 horas, os que non se inscriban neste prazo poderán non participar. Límite de prazas . INSCRICIÓN no formulario https://forms.gle/KT8r7SMiTnQ3qLbR7 Na zona de xogo só poderán entrar os xogadores do torneo. Dous torneos, un para xogadores con elo fide e outro para xogadores sen elo Fide(Open). Ritmo de xogo 8 + 3segundos. As categorías serán: Open: Sub 8, Sub 10, Sub 12 e absoluto sen elo fide. Os tres mellores participantes no open terán trofeo e os demais participantes medallas. Todos os participantes deben estar federados, se algún non o estivese, a Escola Luguesa de Xadrez pode federaralos no club de forma gratuíta, pero deben marcar que desexan federarse. Os participantes no torneo, autorizan a publicación de fotos e dos seus datos personáis nos diferentes medios de comunicación que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (listaxes de resultados, clasificacións, participantes, xogos, etc) así como a aceptación dás bases deste torneo, publicadas en http://www.xaquedrum.es/ Boletín inscrición: Torneo de semana santa de Xadrez
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar